A pouco máis dunha semana do que podería ser a presentación de Android 2.2 Froyo, publican na web un vídeo no que podemos ver a nova versión do sistema operativo promovido por Google nun Nexus One e, especialmente, o rendemento de Flash 10.1 neste terminal, o que resulta francamente abraiante ante o bo funcionamento desta tecnoloxía nun móbil, pois é capaz de correr animacións interactivos e vídeo con certa calidade.
No vídeo tamén pode apreciarse un escritorio diferente coa inclusión de elementos novos como as chamadas ou o navegador web directamente no lanzador de aplicacións, aínda que haberá que agardar ao Google I/O para coñecer os detalles da nova e prometedora versión de Android.
Amosan o funcionamento de Flash 10.1 nun Nexus One
Compartir Este Artigo
