Ata o momento ao subir vídeos a YouTube só existían 2 opcións de privacidade para indicar quen podía ver os nosos clips, de xeito que podiamos elixir entre publicalos á vista de calquera visitante de YouTube ou restrinxir a visualización a un máximo 25 usuarios rexistrados na web de vídeo de Google, pero esta última opción resultaba moi pouco práctica (a meirande parte dos usuarios de YouTube non está rexistrado e, aínda que así fose, non é habitual coñecer os nomes de usuario dos nosos amigos en tal servizo) de aí que estean a incorporar unha terceira opción que implicaría a ocultación dun vídeo ás buscas en YouTube, pero que permitiría a súa visualización para quen soubese o seu enderezo, de xeito que se queremos compartir un clip cunha persoa única persoa ou cun grupo maior de 25 individuos, temos unha interesante opción que entre outras cousas evitaría que a xente teña que adxuntar vídeos nas mensaxes de correo electrónico, e poidan cargalas a YouTube e remitir a súa ligazón para compartir o seu contido, sen ter que preocuparse de que alguén vaia dar con el a través do buscador de YouTube.
Nos EE.UU. xa está dispoñible esta nova opción, e é de agardar que a España chegue nas vindeiras horas.
YouTube amplía as opcións de privacidade para os seus vídeos
Compartir Este Artigo
