
Pero esta no é a única novidade de Google Reader, senón que nas últimas horas tamén activou a posibilidade de que os usuarios poidan elixir se os seus elementos compartidos sexan públicos (de xeito que calquera pode velos ou comentalos) ou privados.
Un dos grandes cambios de Google Reader tamén será eliminar o soporte de Google Gears, pois esta tecnoloxía pasa a ser totalmente prescindible de utilizar navegadores web con soporte de HTML5, estándar que xa integra características coma o almacenamento de información no propio navegador, o que resulta moito máis cómodo que ter que instalar un engadido.
Google Reader prepárase para deixar de soportar navegadores web obsoletos
Compartir Este Artigo
