A aplicación para iPad da revista Wired está a causar sensación, vendendo 24.000 copias no seu primeiro día na App Store, e aínda que inicialmente estaba pensado que fose desenvolvida en Flash, os atrancos postos por Apple forzaron a unha aplicación totalmente nativa para o iPhone que tamén contou coa colaboración de Adobe, compañía que agora anuncia que vai comercializar unha ferramenta para adaptar revistas maquetadas co Adobe InDesign CS5 ao iPad facendo uso do mesmo visualizador de revistas empregado por Wired, e que permite enriquecer as páxinas das publicacións impresas con elementos interactivos e multimedia.
Polo momento a ferramenta para facer tal non está dispoñible publicamente nin anunciouse o seu prezo, pero podería supor un importante pulo para o salto de multitude de revistas e xornais ao iPad nos vindeiros meses.
Adobe facilitará a adaptación de revistas ao iPad
Compartir Este Artigo
