O servizo de publicación de blogs baixo o dominio WordPress.com anunciou novas funcionalidades entre as que destaca especialmente a aparición dun botón para destacar cando unha entrada é do noso agrado e que permite reblogueala, ou sexa, que cando vemos un artigo dun blog alleo ao noso, podemos replicar o seu contido citando a fonte orixinal, de xeito semellante a como se fai en Twitter cos retuiteos, que son un xeito moi habitual de distribuír información que está por ver se é ben recibida nos blogs (pois pode entenderse coma unha práctica parasitaria).
WordPress.com permite rebloguear entradas alleas
Compartir Este Artigo
