As cabinas de revelado fotográfico de Kodak están presentes en moitos centros comerciais e facilitan a impresión de fotografías dende tarxetas de memoria ou CD, pero este servizo vai a adaptarse aos novos tempos e mediante unha actualización de software (a Picture Kiosk Software v4.0) vai permitir que poidamos pasar a papel as nosas fotografías almacenadas en servizos en liña coma Flickr, Picasa ou Facebook. Tamén será posible visualizar vídeos e elixir fotogramas en concreto para imprimilos.
Esta actualización está a chegar polo momento aos dispositivos instalados nos EE.UU., aínda que é de agardar que tamén chegue a Europa para mellorar as posibilidades destes dispositivos de revelado fotográfico dixital.
Os quioscos de Kodak imprimirán fotografías de servizos en liña
Compartir Este Artigo
