Aínda que o día da estrea en España do iPad de Apple era doado facerse cun destes trebellos en multitudes de tendas, as cousas están a mudar, e tras dúas semanas aseguran que actualmente hai unha listaxe de espera con preto de 140.000 peticións dos novos tablets de Apple, información non confirmada pola compañía (coma vén sendo habitual), aínda que é de agardar que normalicen o abastecemento do iPad antes de xullo, pois no medio do verán Apple debería levar o dispositivo a outros 9 países, e para garantir unha boa distribución antes deberán atender á demanda nas prazas nas que ten presenza (lembremos que a Europa chegou cun mes de retraso por mor do éxito nos EE.UU.).
Apple podería ter 140.000 iPads reservados en España
Compartir Este Artigo
