Apple anunciou hoxe que a 80 días do seu lanzamento nos EE.UU. o seu iPad rexistrou xa 3 millóns de vendas, á vez que xa conta con 11.000 aplicacións especialmente adaptadas ao dispositivo (ás que habería que sumar as máis de 225.000 aplicacións para iPhone que tamén corren no tablet de Apple), polo que queda claro o rotundo éxito deste produto que lograría vender máis dun millón de unidades en menos dun mes e que incluso ten problemas para atender a demanda do mercado (en España hai listaxes de espera para facerse co iPad, de xeito que é preciso agardar un par de semanas para facerse cun destes desexados trebellos).
Os 2 millóns de iPad vendidos foron anunciados o pasado 31 de maio, coincidindo co lanzamento internacional do dispositivos, polo que entendemos que a ampliación de mercados é un factor decisivo na aceleración das vendas, que prometen gozar de boa saúde durante os vindeiros meses pese aos prezos elevados e a chegada do iPhone 4.
Venden 3 millóns de iPads en 80 días
Compartir Este Artigo
