Un pai decidiu probar a súa nova cámara de vídeo compacta gravando a un dos seus fillos á saída do dentista, aínda baixo os efectos da anestesia, amosando case desesperación ante a modificación da súa percepción do mundo, e ante a hilaridade do corte, publicouno na Internet dando lugar a todo un fenómeno que superou os 62 millóns de reproducións en YouTube, o que decidiron capitalizar a través da Internet cunha
tenda de adhesivos e camisetas, que sumado aos ingresos por publicidade a través de YouTube superou xa os 150.000 dólares (122.182,50 euros), o que sería un dos primeiros casos coñecidos de aproveitamento económico directo sobre un contido viral na Internet.
Curiosamente o vídeo David After Dentist (David despois dos dentista) estaba destinado só a amigos e familiares do cativo, pero naquel momento YouTube só tiña dous niveis de privacidade para os seus vídeos (público ou compartido ata cun máximo de 25 usuarios rexistrados) polo que o clip quedou aberto para todo o mundo sen agardar que xente allea ao seu contorno dese con el, polo que foi toda unha sorpresa que superase os 3 millóns de reproducións en 4 días, convertendo a David DeVore nunha celebridade da Internet, coma Gary Brolsma ou o neno de Star Wars, pero precisando de moito menos tempo para que o seu fenómeno pasase a ser universal.
O popular vídeo de David despois do dentista
O vídeo do neno despois do dentista xerou máis de 150.000 dólares
Compartir Este Artigo
