O crecemento da Internet móbil está a ser moi pronunciado nos últimos meses, o que fai que estimen que nuns 5 anos haberá máis usuarios conectados á Rede dende o móbil que dende o PC, o que tamén estase a facer notar dende YouTube, cun crecemento anual do 160% e con máis de 100 millóns de reproducións de vídeo ao día, polo que consideraron obrigado renovar o servizo, de xeito que se accedemos a m.youtube.com en inglés (de EE.UU.) poderemos ver a nova versión de YouTube Mobile, que mellora a súa velocidade, incorpora elementos de grande tamaño para facilitar o seu uso dende pantallas táctiles, incorpora distintas funcións propias da versión de escritorio do servizo e incluso prometen que esta versión móbil de YouTube pode ser mellor que as aplicacións nativas instaladas en moitos móbiles actuais, posto que gozará de maior frecuencia de actualización.
YouTube Mobile permite agora acceder a vídeos en formato H.264, o que supón unha mellora de calidade sobre as aplicacións nativas para iPhone e Android (que acceden á versión H.263 dos vídeos), permite elixir entre 2 calidades de reprodución, utiliza HTML5 para a reprodución de vídeo, permite explorar canles de YouTube e categorías de vídeo e soporta dispositivos con pantalla táctil. Estamos, en definitiva, ante unha excelente mellora da versión móbil de YouTube, o que agradecerán os usuarios que gustas de ver vídeos dende os seus smartphones.

| Presentación da nova versión móbil de YouTube |
