Pese a que moitos son os detractores da tecnoloxía Flash de Adobe e optan por promover o HTML5 como alternativa, dende Adobe non queren deixar morrer o seu engadido para os navegadores web, de xeito que agora non servirá só para mover elementos interactivos e reproducir vídeos, senón que no congreso Adobe Max que terá lugar en outubro van presentar durante unha conferencia as posibilidades de levar as 3D a esta plataforma de desenvolvemento, o que permitirá, entre outras cousas, a realización de xogos 3D en Flash.
Polo momento non hai detalles sobre esta nova tecnoloxía, pero sábese que Adobe vai liberar unha API 3D nunha futura versión de Flash (¿Flash 11?) que promete ser toda unha revolución, ao facilitar o desenvolvemento dunha serie de funcionalidades emerxentes.
Adobe levará as 3D a Flash
Compartir Este Artigo
