Microsoft Research e a NASA volveron a colaborar para ofrecer «a cobertura de Marte de máis resolución e máis completa dispoñible» a través do WorldWide Telescope, unha ferramenta de Microsoft que permite explorar o espazo de xeito libre ou a través de guías grazas a que dende a NASA están a converter as imaxes captadas no sistema solar en mapas, o que agora vén de mellorar considerablemente ao incorporar 13.000 fotografías de alta resolución tomadas por un satélite orbital que a NASA ten sobre Marte e que está a ser controlado pola Universidade de Arizona (ás que sumaron 74.000 imaxes tomadas por outra sonda), o que permitiu a creación do mapa da superficie de Marte de maior resolución construído nunca.
O WorldWide Telescope está dispoñible tanto como unha aplicación descargable para Windows como a través dun navegador web dotado con tecnoloxía Silverlight.
A NASA e Microsoft elaboran o mapa da superficie de Marte de maior resolución ata o momento
Compartir Este Artigo
