O crecemento de visitas de Facebook distánciao considerablemente dos seus competidoresQue Facebook está a ser un éxito na Internet é algo innegable, pero o fenómeno está especialmente vivo nos EE.UU., onde no mes de xuño rexistrou unha nova marca de tráfico, superando os 141 millóns de visitantes únicos tal mes, mellorando en 11 millóns ao mes anterior e case dobrando os 77 millóns de visitantes do mesmo mes de 2009, o que marca unha grande distancia dos seus principais competidores (MySpace e Twitter) e fai que esta plataforma de redes sociais teña que buscar competidores noutros ámbitos, polo que agora teñen a vista posta en Google, buscador que rexistrou 179 millóns de visitantes únicos en maio, e coa que día a día van acurtando a distancia, aínda que este crecemento impresionante non será eterno, e entre a mocidade norteamericana comeza a percibirse unha certa fatiga de Facebook.