Normalmente deféndese o tópico de que os vídeos virais dominan YouTube e conseguen un éxito incrible con millóns de reproducións, pero nesta ecuación non podemos esquecer aos medios de comunicación tradicionais, que parecen estar a afectar considerablemente ao volume de visualizacións que teñen certos contidos en liña, e para ilustrar isto temos un claro exemplo: a cancións do Mundial de Fútbol de Shakira, o Waka Waka, vai camiño de superar os 100 millóns de reproducións na súa versión en inglés, contando cuns 8 millóns de reproducións na versión en español e 17 millóns de vistas na gravación oficial da súa interpretación en directo antes da final do Mundial.
Parece entón que o éxito na Rede non responde exactamente ao que entendemos por viralidade, senón que a exposición dos contidos na televisión resultan moito máis relevante do que habitualmente queremos admitir, e así Shakira conseguiu en poucas semanas chegar a un nivel de reproducións para o que outros éxitos de YouTube precisaron meses.
O Waka Waka está actualmente na posición 13ª dos vídeos máis vistos en YouTube, e co ritmo que mantén este vídeo, sería de agardar que nuns días entre no Top 10, no que tamén figuran vídeos musicais de Lady Gaga, Pitbull ou Miley Cyrus, confirmando que en YouTube xa non reinan os clips graciosos captados polos usuarios, converténdose nunha cadea de transmisión da industria musical e das cadeas de televisión que prefiren aproveitar o portal de vídeo de Google en vez de emprender accións legais contra o mesmo.
A versión en español do Waka Waka supera os 8 millóns de reproducións en YouTube
O Waka Waka de Shakira arrasa en YouTube
Compartir Este Artigo
