Hai meses Google adquiriu Picnik, un potente editor de fotografías en liña, e finalmente integraron esta ferramenta en Picasa Web Albums, de xeito que os usuarios que garden imaxes en Picasa poderán aplicarlles distintos efectos que van dende recortar, rotar, modificar o brillo e a cor ou aplicar un filtro anti-ollos vermellos ata realizar auténticas creacións valéndose ferramentas que incrustan nas nosas fotografías adhesivos, bordes, texto e distintos efectos avanzados, aínda que boa parte destas prestacións estarían limitadas a usuarios Premium. As imaxes editadas poderán substituír ás imaxes orixinais ou gardarse aparte.
Esta ferramenta agradecerana especialmente os usuarios que queiran publicar imaxes no seu blog ou en redes sociais, que precisen antes dun proceso de edición básica, e que non estean fronte a un ordenador que conte con aplicacións de retoque fotográfico instaladas (funcionando simplemente en navegadores web con soporte de Flash).

Picasa Web Albums integra un editor fotográfico en liña
Compartir Este Artigo
