David Serantes (nunha imaxe de César Toimil) impartirá un seminario sobre a publicación de blogs dende o MacUn dos factores diferenciais que ofrecen os establecementos que subministran produtos de Apple en Galicia é sen dúbida a formación, que en A Coruña exemplifícase no programa de actividades da tenda Play, Premium Reseller de Apple, que durante o mes de agosto está moi nutrido, con seminarios dunha hora que explicarán a instalación de Windows nun Mac ou adentraranse en iPhoto, iMovie, TimeMachine, iTunes e GarageBand que serán de balde, coma outros cursos de 2 horas coma Tus Fotos y vídeos: iPhoto + iMovie e Organiza tus tareas: iCal + Mail, e uns seminarios especialmente rechamantes coma un de 2 horas sobre a postprodución con FinalCut Sudio (dirixido a editores de vídeo) e Blogging desde el Mac, que o sábado 7 de 11:00 a 13:00 horas impartirá David Serantes, coñecido blogueiro que colabora habitualmente coas actividades formativas do establecemento maqueiro coruñés. Os clientes da tenda que adquirisen un Mac poderán asistir de balde ao curso de 3 horas sobre o sistema operativo Mac OS X, que en caso contrario custará 80 euros.