Mentres Facebook chega aos 500.000 usuarios activos en todo o mundo, a plataforma de redes sociais profesionais LinkedIn consegue tamén un éxito importante en España, onde conseguiu superar o millón de usuarios, dobrando o número de usuarios de hai só 10 meses e quintuplicando os rexistros de hai 2 anos (cando lanzou a súa versión en español). Deste xeito, a porcentaxe de españois presentes en LinkedIn sería do 15%, o que sería unha proporción moi importante, concentrándose a meirande parte dos usuarios en Madrid e Barcelona (aínda que cada vez despuntan máis cidades coma Valencia, Bilbao e Sevilla). As compañías con máis traballadores con perfiles en LinkedIn serían Indra, Accenture, Telefónica e BBVA, e os usuarios recorren a este servizo para construír unha rede de contactos de confianza e para manter a súa identidade profesional actualizada na Internet.
LinkedIn chega ao millón de usuarios en España
Compartir Este Artigo
