Agora poderemos recibir chamadas virtuais dende o iPhone 4/3GS sen ter que ter a aplicación de Skype aberta a cada momento.A aplicación que permite establecer comunicacións de voz sobre IP Skype vén de estrear versión na App Store, e agora soporta o sistema operativo iOS 4 e as súas funcionalidades de multi-tarefa, de xeito que podemos deixar esta aplicación de fondo para recibir chamadas incluso cando non temos a aplicación aberta, incrementando considerablemente a dispoñibilidade do usuario a través de Skype e instando así ao uso deste tipo de aplicacións dende o móbil polo aforro económico que poden supor.