Estado no que quedou un iPhone 4 que utilizaba o xornalista Nick BiltonQue ata finais de setembro Apple estea a regalar bumpers aos compradores do iPhone 4 para evitar que eses terminais padezan os problemas de cobertura denunciados no chamado Antennagate foi entendido coma un parche por parte da compañía de Cupertino, pois os accesorio para o móbil non estaba deseñado para tal finalidade, senón que buscaba protexer o terminal fronte a caídas, algo no que parece non ser unha boa solución se atendemos ao estado no que quedou o iPhone 4 que manexaba o xornalista neoriorquino Nick Bilton, quen publicou na web unha imaxe do estado no que quedou o móbil tras caer ao chan co bumper posto, deixando claro que o feito de que a parte traseira do terminal sexa de vidro incrementa a fraxilidade do móbil de xeito considerable, polo que habería que tomar maiores precaucións para evitar caídas e golpes que poidan facer que o caro dispositivo remate no camposanto dos trebellos electrónicos.