
Tamén comentan que o dispositivo venderíase xunto a un contrato de datos móbil, de xeito que estariamos ante un tablet subvencionado (algo que non acontece actualmente co iPad) o que podería incrementar o seu atractivo, pois algúns usuarios poderían incluso adquirilo de balde (ou case).
Do que non dan detalles é do hardware que conformará o novo tablet, pero parece razoable pensar que integrará tecnoloxía nVIDIA Tegra 2, pantalla múlti-táctil cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles (para poder amosar vídeos a 720p), 2 Gb de RAM, 32 Gb de memoria interna, Wi-Fi, Bluetooth, 3G, GPS, webcam e lector de tarxetas de memoria, o que permitiríalle competir seriamente co iPad de Apple.
Google podería lanzar un tablet con Chrome OS en novembro
Compartir Este Artigo
