O pasado sábado inaugurouse a primeira tenda de Apple en España, concretamente no centro comercial La Maquinista de Barcelona, á que sumarase unha segunda tenda en Madrid o sábado que vén, no que parece ser só o inicio dunha importante expansión europea das Apple Stores, coma anunciou Steve Jobs na pasada semana durante a presentación dos novos iPod, e que no caso español concretarase en 10 tendas máis ata 2012 (repetindo Madrid e Barcelona algunha das mesmas).
Unha das consecuencias máis notables da chegada oficial das tendas de Apple é a posibilidade de adquirirse en España, incluso a través da web, o iPhone 3GS e o iPhone 4 de xeito libre, custando o iPhone 3GS de 8 Gb 499 euros, 599 euros o iPhone 4 de 16 Gb e 699 euros o de 32 Gb. Estes prezos son bastante elevados, polo que á meirande parte dos consumidores resultaralle máis rendible adquirir os desexados móbiles a través de operadoras de telefonía, especialmente agora que hai competencia e tanto Movistar coma Vodafone e Orange teñen o móbil de Apple no seu catálogo.
Vídeo sobre a apertura da Apple Store de La Maquinista publicado por Applesfera
Apple estrea tenda en España ofrecendo o iPhone 4 libre
Compartir Este Artigo
