Coca-Cola ten unha das páxinas dispoñibles en aberto en TuentiA plataforma de redes sociais española Tuenti continúa a avanzar na súa vertente comercial, e agora anuncian que o seu servizo de páxinas (que permite ter presenza en Tuenti a empresas e outras entidades que van máis aló dun individuo) dá un paso adiante permitindo a posibilidade de que as páxinas obteñan enderezos abertos á web para servizos, empresas e medios de comunicación, de xeito que ao acceder a tuenti.com/cocacola teremos o espazo de Coca-Cola en Tuenti, contido que estará dispoñible incluso para non usuarios desta plataforma (o que inclúe aos buscadores de Internet).
Esta medida simplifica o acceso aos contidos en Tuenti de empresas (coma Coca-Cola, Movistar, a UEM, HP, Sony e BlueBBVA) e medios de comunicación (El Mundo, Antena3, TeleCinco, Cuatro, El País, ABC, Marca, DiarioAS, Gaztea, RTVE, Radio3, Vanitatis, La Voz de Galicia, Canal Sur…), que irán incrementándose nos vindeiros días.