
A asociación, explica Cebreiros perante o xornal galego, constitúe arestora un exemplo de traballo contra a crise económica, dende os seus piares máis básicos e desenvolvido por compañías de tódolos tamaños, abranguendo este traballo a comunicación directa e inmediata de tódolos logros obtidos. Dito doutro xeito: para Ineo non abonda con facer fronte común contra o parón produtivo e conseguilo, senón que cómpre informar aos demais de cómo se pode facer. “A única maneira de remontar a crise e adaptármonos a sectores tan cambiantes é a través da colaboración e o esforzo común”, informa Jorge Cebreiros perante La Voz, ao que engade: “Se queremos competir a nivel internacional temos que ir da man e colaborar con outros axentes sociais como centros tecnolóxicos, universidades ou asociacións de empresarios; é o que nós estamos a facer”. Segundo apunta, o sector TIC foi o único que medrou o ano pasado en investigación e máis en desenvolvemento, procesos que son a aposta básica para asegurar un futuro empresarial.
O presidente de Ineo salienta nunha entrevista o valor da competitividade a través da colaboración
Compartir Este Artigo
