
Na súa intervención, o director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, abordou aspectos como o significado do Xacobeo 2010, así como a conmemoración deste oitavo centenario.
Tamén interviñeron no auditorio do MET os responsables deste traballo virtual, realizado polo Experimental Technologies Center de la Universidad de California, en Los Ángeles. A dirección do proxecto correu a cargo do xefe desta institución académica, John Williams, historiador de arte; o catedrático da Universidade de Santiago Fernando López Alsina; e o arqueólogo da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo José Suárez Otero.
O proxecto constitúe unha reconstrución virtual do exterior e o interior da catedral e o seu ámbito urbano, tal e como era no momento da consagración da igrexa románica. E inclúe tamén unha recreación virtual, en proceso, das igrexas prerrománicas que conformaron o santuario de Santiago antes da construción da catedral do Medievo.
A presentación encadrouse no programa de tardes monográficas, con conferencias e concertos, que organiza o museo.
A Catedral de Santiago puido visitarse virtualmente no Museo Metropolitano de Arte de Nova York
Compartir Este Artigo
