O traballador de Facebook Paul Butler decidiu debuxar un mapamundi coas relacións establecidas entre os 500 millóns de usuarios da plataforma social creada por Mark Zuckerberg, para o que tomou as distintas coordenadas do globo terráqueo no que hai usuarios de Facebook e trazou dende cada unha un arco que o comunica con calquera outra localización, de xeito que canto máis brancas sexan os puntos que se unen, maior sería o número de persoas relacionadas.
Este gráfico debuxouse sobre negro e só partindo das coordenadas de latitude e lonxitude das distintas localizacións, o que converteuse practicamente nun mapa do mundo no que non hai nin accidentes xeográficos nin lindes políticos, pero que permite recoñecer claramente a superficie do planeta só en función das relacións humanas.
Deste interesante mapa podemos extraer moita información, que en moitos países (onde Facebook é a plataforma deste tipo maioritaria) coincide coa dispersión da poboación, resultando rechamante que países como Rusia ou China sexan practicamente invisibles para Facebook, o que non indicaría que carecesen de acceso á Internet, senón simplemente á ausencia da plataforma de comunicación de moda en occidente.
Se miramos España parece coincidir o trazo social coa dispersión poboacional, o que en Galicia tamén é así, coa costa iluminada, así como os grandes núcleos urbanos, quedando claro que o rural galego ten un peso moi inferior ao que moitos desexarían.
Publican un mapamundi coas relacións sociais a través de Facebook
Compartir Este Artigo
