
A Mediateca do Centro Galego das Artes da Imaxe, está especializada en cine, fotografía e comunicación audiovisual. Estará aberta ao público en horario de 10 a 14 horas e permitirá a consulta dos fondos propios do CGAI, así como ao material do NO-DO relacionado con Galicia, do que existe copia na institución. Só os fondos da Biblioteca inclúen máis de 7.000 monografías, máis de 4.000 publicacións periódicas e novas relacionadas co audiovisual galego.

Os usuarios poderán contactar coa nova Mediateca do Centro Galego de Artes da Imaxe a través da páxina web do CGAI, que abre o acceso ás bases de datos dos fondos bibliográficos, hemerográficos e á Bibliografía do Cine Galego, elaborada polo Departamento de Cine da USC.
A Mediateca do CGAI permitirá, ademais, facer uso dun servizo de préstamo gratuíto das producións audiovisuais sobre as que a Xunta de Galicia ten dereitos de difusión cultural e daquelas películas recuperadas e restauradas polo CGAI. Este servizo está dirixido a institucións e asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo difundir a produción audiovisual galega.
O CGAI inaugura Mediateca
Compartir Este Artigo
