Representantes de Ficción Producciones (organizadores durante 7 anos do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto), a produtora executiva Mamen Quintas, e o director deste festival galego de curtametraxes, Tim Reford, á volta da súa participación no máis importante festival de curtas do mundo, Clermont-Ferrand, en Francia manifestaron que «a curtametraxe é o formato que se erixe como a máis empregada plataforma de compromiso social no sector audiovisual».
Os conflitos sociais e políticos do mundo árabe ou a crise económica internacional, foron quizais as temáticas máis presentes neste festival francés este ano. Un cine moi social, moi étnico, deuse cita coa na representación da multitude de países participantes en Clermont. Temáticas que, malia seren localizadas en países concretos, teñen carácter universal e son facilmente extrapolables a calquera país ou rexión, atendendo ás características sociais de cada un deles.

Xuntanzas e acordos coas máis importantes Distribuidoras coa fin de facerse cos mellores e máis recentes traballos realizados no mundo, encontros con compradores co obxecto de contar coa súa posible presenza no mercado da curta, como foron Canal +, France Televisio, Canal Arte, ou mesmo TVE, foron parte das citas que encheron a axenda de Mamen Quintas e Tim Reford, que participaron nas diferentes Mesas Redondas e Debates celebrados: as novas tecnoloxías e a distribución das Curtas pola rede Internet, centraron boa parte dos contidos.
Acordos de colaboración con futuros xurados, ou a posibilidade de trasladar ó Programa de CURTOCIRCUÍTO actividades formativas que se celebran en Clermont ou se ofertan no seu mercado.
Un dos cometidos fundamentais da presenza de Ficción Producciones neste importante festival francés, era visionar os últimos traballos de cara a seleccionar as curtas para as seccións paralelas do festival galego, ademais de continuar coa promoción internacional e o asentamento de CURTOCIRCUÍTO no panorama audiovisual internacional no tocante á curtametraxe.
As novas tecnoloxías e a distribución de curtas a través da Internet centraron o festival Clermont-Ferrand
Compartir Este Artigo
