
O detido tería aproveitado de académico para acceder ás películas candidatas aos Premios Goya, como Ispansi (estreada hai menos de 2 semanas), para subilas á Internet de xeito que circulaban libremente en copias de alta calidade, o que claramente prexudica á Industria.
Carlos Iglesias, director de Ispansi e Un Franco 14 pesetas xa fixo declaracións ao respecto a través de Twitter, asegurando estar «indignado porque presuntamente fose un compañeiro» o responsable de filtrar a súa película á Rede, á vez que asegura estar a favor da distribución do cine a través da Internet, pero lamentando que a súa obra chegue deste xeito ao público pois o acontecido «é imposible que beneficie a unha película que sae con poucas copias. Todo o que non anime á xente a ir ao cine, é prexudicial…».
EGEDA denunciara esta mesma semana aos responsables dun blog (entre os que entendemos que está Sirgo) que foron os responsables de colgar na Rede a película Ispansi, acusándoos de revelación de segredos (pero non de lucrarse con elo).
ACTUALIZACIÓN: A Academia de Cine publicou un comunicado no que respalda a inocencia de Sirgo asegurando que as chaves de acceso ás películas candidatas aos Premios Goya fóronlle substraídas por un colaborador da súa produtora.
Deteñen a un académico por filtrar á Internet as películas candidatas aos Premios Goya
Compartir Este Artigo
