Tras o éxito da retransmisión da voda real británica, YouTube anuncia agora que o vindeiro domingo 1 de maio ás 9 da mañá iniciará a retransmisión en directo da beatificación de Xoán Paulo II dende a Praza de San Pedro, que poderá atoparse tanto en YouTube Live como na canle de YouTube do anterior pontífice, que actualmente contén centos de vídeos que documentan a súa traxectoria como cabeza da Igrexa católlica.
Será ás 10 da mañá cando o Papa Bieito XVI comezará a Santa Misa, que culminará coa beatificación, estando previsto o remate deste retransmisión audiovisual ás 12:45 horas.
YouTube tamén retransmitirá en directo a beatificación de Xoán Paulo II
Compartir Este Artigo
