Hoxe mércores pola mañá estase a desenvolver o encontro de Ineo a Xornada Internacionalización aos países iberoamericanos. A xuntanza, que conta coa colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, celébrase na sede que a entidade ten na rúa do Vilar. O eixe temático da xornada, tal e como se indica no seu título, é busca de novos mercados, neste caso concreto en Iberoamérica, avaliando e salientando o gran potencial das nosas empresas para espallar o seu ámbito de acción alén do Atlántico.
Máis polo miúdo, trataranse temas como as licitacións no plano internacional, a cooperación tecnolóxica a través de Cooperatic ou o financiamento de proxectos.
A xornada contará coa presenza de relatores experimentados, como Javier Echávarri, do CDTI, quen procederá a presentar as vantaxes e posibilidades de Iberoeka (Oportunidades de colaboración internacional en Investigación e Desenvolvemento no sector TIC). Tamén intervirán ao longo da mañá do 22 de xuño na sede da CEG Gloria Díaz, xerente da Confederación Nacional de Empresas TIC (falando de novo das moitas potencialidades de Cooperatic) ou Alberto Abella, socio de Rooter (presentando a Guía de factores básicos de cooperación en I+D).
Máis polo miúdo, temos dispoñible en formato PDF o programa de actividades.
A sede da CEG en Santiago acolle este mércores a xornada de Ineo sobre mercados TIC iberoamericanos
Compartir Este Artigo
