
Polo evento, que ficará aberto ao longo de dous días, tamén achegarán os seus puntos de vista de Emilio Duró (a quen puidemos ver hai pouco nas xornadas sobre liderado do CPEIG en Santiago), José Ballesteros de la Puerta (experto en desenvolvemento persoal e innovación), Jesús Encinar (Idealista.com), Ana Díaz Sacristán (eBay) ou Juan Carlos Vez (da firma galega Blu:sens).
Amais disto e en virtude dun acordo de colaboración asinado entre AJE Galicia e a Universidade de Vigo, o evento achegará unha mesa redonda dedicada ao emprendemento e a consolidación de empresas, na que falarán, entre outros, Luis Bonet (presidente do Grupo Freixenet) e Elías Pérez (xerente de Quobis Networks).
O devandito acordo, segundo contan dende a organización, tamén prevé a creación dun comité mixto que se encargará de seleccionar, entre os estudantes que se presenten ao Premio Joven Empresario (na categoría de Emprendedor), a tres universitarios “que poderán charlar cara a cara cun dos tres relatores máis destacados do programa”.
Como evento paralelo ao Congreso, celebrarase a I Xornada de Oferta e Demanda Tecnolóxica da comunidade, que ten como obxectivo “abrir un espazo de encontro no que as empresas poidan detectar oportunidades de colaboración e negocios baseados no desenvolvemento tecnolóxico”.
Blu:sens, eBay e Idealista.com, no Congreso de AJE Galicia que comeza este xoves
Compartir Este Artigo
