Vodafone España e Emporia presentaron hoxe en A Coruña o terminal móbil Emporia RL1, que comercializa en exclusiva Vodafone e que dá resposta a aqueles que demandan móbiles para comunicarse de xeito claro con familiares e amigos. Na presentación participaron o psicólogo Bernabé Tierno, que destacou os beneficios da comunicación para ter unha vida feliz, e María Dolores Novo, da Unión Democrática de Pensionistas, que se centrou na necesidade de que existan tecnoloxías accesibles que eviten o illamento de colectivos como o de persoas maiores.
O novo Emporia RL1 é un terminal de pequenas dimensións (107 x 50 x 12 milímetros), peso lixeiro (92 gramos) e atractivo deseño, doado de utilizar. Estamos ante un terminal de doado uso, compatible con audiófonos, que posúe teclas extra grandes con puntos de presión claramente recoñecibles e unha ampla pantalla OLED de alto contraste para facilitar a lectura. Integra a funcionalidade de lanterna LED e a súa base de carga destaca por contar cun botón que permite activar directamente o mans libres do móbil, facilitando o uso do terminal no fogar sen ocupar as nosas mans.
O Emporia RL1 está dispoñible en tendas e na Tenda Online de Vodafone dende 0 € para altas novas e clientes que fagan unha portabilidade (cambio de operador mantendo o número) con permanencia de 18 meses e consumo mínimo de 8 € ao mes.

Como grande novidade o novo móbil inlúe un servizo de asistencia e asesoramento de balde que subministra a empresa Asmedit e que permitirá que os propietarios do teléfono Emporia RL1 poidan resolver as súas dúbidas de carácter socio-sanitario (interpretación de análises clínicas, posoloxía de medicación…), xurídico (dereitos da Seguridade Social, pensións, divorcios, viuvez…), psicolóxico (relacións afectivas infancia…), nutricional (axudas equilibradas e hábitos alimenticios, axudas asociadas a patoloxías específicas), sociais (dúbidas sobre axudas á familia, de orfandade…), informáticas (utilidades do software ou hardware) e contarán cun servizo permanente de axuda no uso do teléfono móbil as 24 horas do día todos os días do ano.
Vodafone presenta un móbil pensado para os maiores
Compartir Este Artigo

