
Proxectos que pasan pola formación e a reciclaxe profesional (actividades a desenvolver en colaboración coas universidades galegas arredor da divulgación turística) e máis pola ampliación da pegada dixital do colectivo, facendo especial fincapé nas redes sociais.
Esta aposta polo escenario 2.0 é un dos eidos principais de traballo de Ignacio Capeáns, vicepresidente da asociación, que traballa arestora na posta ao día da web de AGAXET e na súa transformación nun “auténtico vehículo de comunicación entre os socios e dos socios con todos aqueles que estean interesados na información de calidade e contrastada sobre o sector turístico”.
No que se refire á natureza deste vindeiro proxecto, a principal face visible dos xornalistas e escritores galegos do eido turístico, dicir que é probable que se dea a coñecer con feitura de portal de blogs, co fin de que os membros da asociación poidan inserir os seus traballos e manter aberta unha canle de comunicación cos seus lectores.
Os xornalistas galegos de turismo apostan por tiralle partido á Rede
Compartir Este Artigo
