O Centro Demostrador TIC de Santiago xa está en marcha, operativo, e con todo o que pon en xogo de escaparate e lanzadeira de visualización para as propostas innovadoras das nosas empresas do sector. Unha das primeiras firmas galegas en tirarlle partido a este centro de apertura recente será, precisamente, unha das vellas coñecidas do Centro de Novas Tecnoloxías, que é o edificio que dá acubillo ano espazo de demostración. Falamos de Ozona Consulting, compañía especializada en servizos de computación na nube, que este xoves 14 estará no devandito espazo de presentación para amosar en qué consisten, con todo luxo de detalles, os seus servizos de back up e almacenamento en contornos virtualizados.
Segundo informa Ozona, o encontro diríxese a directivos e administradores de sistemas, e o seu obxectivo é dar a coñecer cal é a protección óptima para servidores virtualizados e cales son as solucións de almacenamento máis flexibles para estes contornos. Ao longo da sesión, presentaranse opcións de integración de salvargada de datos, arquivado, SRM ou procura de información, entre outras solucións. Asemade, engade a empresa, amosarase cómo os servizos de acubillo de datos de NetApp e back up de Commvault “permítenlles ás compañías aforrar custes, mellorar a súa seguridade e acadar unha meirande flexibilidade nos seus sistemas de información”.
Ozona desenvolve este xoves unha sesión demostradora de almacenamento en contornos virtuais
Compartir Este Artigo
