
Segundo nos contan dende a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, os obxectivos desta nova oferta de posgrao son achegar “unha formación avanzada que combina aspectos específicos da enxeñaría informática como a dirección e xestión de proxectos ou as tecnoloxías informáticas, con outra formación especializada que permita aos titulados realizar un desempeño profesional coma axentes activos de innovación en empresas/organizacións ou labores de I+D+i en universidades, centros de investigación e tecnolóxicos”.
O máster, que está practicamente aprobado pola ACSUG, e que polo tanto comezará o próximo mes de setembro, outorga competencias xerais e específicas do ámbito da enxeñaría informática:
· Proxectar, calcular e deseñar produtos ou procesos
· Modelar e dirixir proxectos de I+D+i
· Resolver problemas e integrar solucións
· Planificar, dirixir e xestionar proxectos
· Definir, implantar, xestionar, operar e administrar redes, sistemas, servizos e contidos informáticos
Para as persoas interesadas en formalizar a matricula vía Internet, que como dixemos está aberta dende o 15 de xullo, dicir que na páxina web da Secretaría virtual da USC achéganse polo miúdo os pasos a seguir.
O Máster en TIC da Universidade de Santiago xa ten aberto o prazo para a matrícula
Compartir Este Artigo
