O Auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá o vindeiro día 5 o II Festival de Curtas Creative Commons Cinestable, no que se repartirán máis de 1.500 euros en premios e do que pode achegarse moita información a través da súa páxina web oficial.
O Festival exhibirá preto das 40 obras presentadas ao concurso, entre as que se decidirá a mellor, e sorteándose entre os asistentes entradas para asistir ao Brincadeira Festival (que terá lugar en Ordes entre os días 11 e 13, contando coa presenza de formacións como Europe, Obús, Burning e Boikot).
Para completar estas actividades, o día anterior terá lugar unha charla nos Baixos da Alameda de Ordes ás 20:00 horas da man de Nicolás Alcalá Schächter, director de El Cosmonauta, filme Creative Commons financiado mediante Crowd Funding.
Ordes celebra esta semana o seu II Festival de Curtas Creative Commons
Compartir Este Artigo
