
Dado que Motorola é un dos moitos fabricantes que comercializan dispositivos con Android dende Google aseguran que non van prexudicar ao resto dos seus socios adquirindo a división móbil de Motorola (que continuará a operar de xeito separado, coma un titular máis da licenza Android), senón que só buscan fortalecer a plataforma Android, o que tamén debería de beneficiar a LG, HTC, Samsung, Sony Ericsson…
Motorola levaba apostando por Android como sistema operativo nos seus smartphones dende 2008, e tamén fora a compañía que fabricou o tablet estandarte de Android 3.0 (o Motorola XOOM).
A operación de adquisición de Motorola Mobility por parte de Google está pendente da aprobación dos reguladores da competencia e dos accionistas da compañía, polo que espérase a súa consolidación a finais de ano ou primeiros do que vén.
Google mercará a división móbil de Motorola por 12.500 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
