O servizo de lectura de fluxos RSS a través da web, Google Reader, ten unha boa aplicación para dispositivos Android que facilita o seu seguimento dende o móbil, e que na súa última actualización, aparte das habituais correccións e melloras, incorpora a optimización para tablets, isto é que cando accedemos ao programa dende un dispositivo cunha pantalla de grande tamaño, atopamos unha interface de usuario totalmente distinta, máis próxima á súa versión web, de xeito que temos a información dividida en paneis: nun panel esquerdo temos os títulos das entradas organizadas por categorías e no panel dereito podemos ler a versión completa dos contidos sobre os que piquemos no lateral.
Esta ferramenta dista de ser perfecta, e aínda non está á altura doutras alternativas (no caso dos tablets), pero progresa a un ritmo axeitado, atendendo ás demandas dos usuarios e converténdose en todo un referente para a consulta das numerosas fontes de información ás que podemos subscribirnos a través do servizo web de Google.
A aplicación para Android de Google Reader adáptase aos tablets
Compartir Este Artigo
