
Asemade, dará acubillo a un amplo número de relatores procedentes do mundo da investigación, como Ulises Cortés, da Universidade Politécnica de Catalunya, que explicará a aplicación de Machine Learning para a E-Salud; o ex reitor da Universidade de Santiago e actual presidente de la RedEmprendia, Senén Barro, que falará de emprendemento; ou o profesor Jorge Mira, que axudará a entender a importancia da divulgación científica para a súa valorización social.
A organización destes encontros vén da man do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC, CITIUS. A xuntanza é a primeira edición dos seminarios douturais para o Avance e a Transferencia da Intelixencia Computacional (SEMÁTICA 2011) do Foro ÁTICA
SEMÁTICA 2011, informa a Universidade de Santiago, achega un formato innovador para ofrecer aos asistentes, en boa medida estudantes de doutoramento de grupos españois, unha “visión actual desta disciplina tanto no mundo da investigación como no da empresa”. Así, engádese, participarán en diversas conferencias orientadas a mellorar as competencias necesarias para a valorización da formación científica en ámbitos tan diferentes como a comunicación e divulgación científica, o emprendemento ou a transferencia de resultados. Ademais, organizaranse obradoiros enfocados á formación de tipo práctico en ámbitos como a robótica ou a presentación de proxectos.
Igalia, Ericsson e Nuubo participan esta semana no foro de intelixencia computacional da USC
Compartir Este Artigo
