
A actividade, entre outras cousas, servirá para dar a coñecer e ampliar conceptos básicos no eido do testing e os distintos tipos de proba a realizar nun proceso de desenvolvemento. Xa nun eido máis específico, avaliaranse polo miúdo os conceptos relativos a probas dinámicas e estáticas e, no ámbito das dinámicas, se diferenciará entre as probas de caixa branca e negra. No que se refire ás probas estáticas, falarase de actuacións de revisión e análise. O evento contará coa presenza de Ainhoa Gracia, consultora senior en Calidade de Software e Testing de SQS, licenciada en Informática e master en Arquitectura de Software pola Universidade de Deusto. Segundo apunta o CNTG, a actividade irá especialmente encamiñada a responsables de probas e/ou calidade, xefes/as de proxecto, técnicos/as de probas, analistas, desenvolvedores etc .. e, en xeral, “calquera persoa interesada en adquirir coñecementos relacionados co testeo de software e a calidade dos desenvolvementos”.
Santiago acolle en outubro unha xornada sobre probas de software da man de SQS
Compartir Este Artigo
