A aposta de Inditex na Rede, queMNaosta de a maneira, comunicánzas, unha caraesiensar a onde ir mañ me fixo pensar no sentido prtiña unha profesora moi nova, vén de lonxe pero que nos últimos tempos colleu máis corpo a través dunha estratexia de venda en liña integral, semella que está a satisfacer a tódolos implicados, mesmo a un colectivo que a Inditex lle toca de preto, por tratarse esta dunha empresa galega: a comunidade galega de internautas. Así nolo recorda A Mesa, plataforma de defensa da nosa lingua que vén de felicitar á multinacional de Amancio Ortega por apostar polo galego nas tendas virtuais das súas principais marcas de moda.
Segundo nos fai saber A Mesa, os recentemente estreados establecementos en liña de Pull&Bear, Bershka, Stradivarius e Zara “xa permiten facer todo tipo de compras ou consultar a moda de temporada na lingua propia de Galiza”.
A arela da plataforma galega, neste senso, é a de que Inditex afonde nesta liña aberta. Así, agardan que siga a dar pasos para incorporar o galego na súa rede de tendas do país ou no atendemento oral ao público. A Mesa cualifica de “moi positivo” o paso dado polo grupo téxtil galego e “anímao” a seguir traballando arreo para a plena normalidade do galego na súa actividade comercial e na súa política de comunicación. A maiores, cómpre lembrar que a aposta de Inditex ten valor duplo, xa que amais do devandito, contribúe a normalizar a presenza da nosa lingua no sector e no mercado dixital por enteiro, abríndolle o camiño a calquera outra iniciativa semellante que veña detrás.
A Mesa felicita a Inditex pola súa aposta a prol do galego nas súas webs
Compartir Este Artigo
