Elogia, empresa con notable presenza galega nas súas fileiras, vén de informar dun novo logro na súa estratexia de busca de novos xeitos de promover nas canles dixitais a actividade (servizos, produtos, eventos) dos seus clientes. Estamos a falar das accións levadas a cabo para dar conta das vantaxes de Tu Otro Super, supermercado en liña que comezou a súa andaina este verán, no mes de xullo, e que en só tres meses conseguiu situar á súa tenda-web como unha das grandes alternativas que existen arestora en relación ás grandes superficies tradicionais. Máis en detalle, a estratexia en liña deste establecemento xa logrou os 30 mil rexistros ao longo do dito período, amais dunha chea de pedidos diarios.
Este labor, levado a cabo coa colaboración de Elogia, supera, con moito, os obxectivos que a marca se propuxera no lanzamento, informa. A tenda, que tamén debe o seu éxito aos descontos habilitados na súa páxina, céntrase sobre todo en achegar produtos de alimentación, limpeza, hixiene persoal, coidado de bebés, etc.
O labor de Elogia centrouse principalmente en dúas cousas: no desenvolvemento e deseño da páxina tuotrosuper.com e máis nunha estreita colaboración co cliente no vieiro de acadar o máximo aproveitamento da experiencia mutua e, tamén, das amplas posibilidades das novas canles da información.
A web tuotrosuper.com, deseñada por Elogia, acada os 30 mil rexistros en tres meses
Compartir Este Artigo
