O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG-AETG) celebran o vindeiro venres a XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información no Gran Hotel de A Toxa, nun acto no que entregarán persoalmente a Jorge Cebreiros Arce, presidente de Ineo, o galardón que o recoñece como Socio de Honra do ano 2011, a máxima distinción instituída pola AETG para premiar ás personalidades destacadas no apoio e na promoción das telecomunicacións en Galicia.
As xuntas directivas de COETG-AETG decidiron por unanimidade nomear Socio de Honra do Ano 2011 a Cebreiros Arce “polo seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia, a súa ampla traxectoria profesional e a súa labor e esforzo á fronte da asociación multisectorial Ineo”.
Tras coñecer o recoñecemento que recibirá o vindeiro venres, Cebreiros amosou a súa sorpresa e declarou con humildade ser “consciente de que este galardón premia a labor desenvolvida por Ineo e polo seu equipo de profesionais no noso sector, así como a grande labor desenvolvidas polas empresas asociadas a esta entidade”.
O presidente de Ineo, Jorge Cebreiros, será recoñecido como socio de honra do COETG
Compartir Este Artigo
