
O relatorio desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Os actuais cambios no mundo árabe; influencia das redes sociais e o xornalismo nas revolucións da primavera de 2011. Younes M´Jahed, segundo informan os organizadores do evento, traballa a día de hoxe no xornal marroquí Al Ittihad Ichtiraki II, e ata hai pouco foi o correspondente da axencia española EFE en Marrocos. Asemade, é autor dun bo número de publicacións sobre dereitos humanos no seu país -no que estivo na cadea durante o reinado de Hassan II- e unha manchea de investigacións sobre liberdade de comunicación.
No acto estarán tamén os presidentes das Fundación Araguaney e Carlos Casares, Ghaleb Ibrahim e Gustavo Garrido, respectivamente, e o presidente da APSC, Luís Menéndez, quen fará a presentación de Younes M´Jahed e moderará o posterior coloquio.
O papel das redes sociais na procura de democracia no mundo árabe, a debate este venres en Santiago
Compartir Este Artigo
