
Cómpre lembrar que estes galardóns diríxense a incentivar a creación de proxectos innovadores, recoñecer a traxectoria das empresas xa afianzadas e salientar aquelas que axudaron á promoción de Lugo e a súa provincia alén das nosas fronteiras. Divídense entres categorías: Premios á Iniciativa Empresarial, Premios á Actividade Empresarial e Premios á Promoción Empresarial.
Máis polo miúdo, o obxectivo da Fundación CEL (Iniciativas por Lugo) con este certame é recoñecer a posta en marcha de propostas empresariais innovadoras e valentes, con viabilidade e posibilidades de converterse en empresas reais e co engadido de tirar o máximo partido de todo o que a Sociedade do Coñecemento nos ofrece. Como dixemos, inclúe Premios á Iniciativa Empresarial, un apartado que busca promover a creación de empresas e accións de investigación aplicables ao seo de aquelas. Esta categoría inclúe tres modalidades: o Premio a Proxectos de Creación de Empresas, o Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresas e o Premio a Proxectos de Investigación de Innovación Aplicada á Empresa.
Os proxectos recoñecidos en calquera destas catro categorías recibirán unha estatua da Fundación CEL, un diploma de mérito e máis 3.000 euros, así como a posibilidade de acceder ao financiamento concedido polas entidades patrocinadoras dos Premios, entre as que se conta Novacaixagalicia. Amais disto, inclúese nas tres primeiras modalidades do premio o acceso de balde ao Viveiro de Empresas da Fundación CEL durante un ano dende a concesión do galardón.
A Fundación CEL entrega hoxe os seus galardóns á innovación
Compartir Este Artigo
