O centro Súbete ó Castro, emprazado en Vigo, acolle este venres 28 unha interesante actividade divulgativa sobre as cousas positivas e negativas que pode ter o noso xeito de acceder á Sociedade da Información. O evento, que se insire nun plan do Concello para mellorar a convivencia e a seguridade escolar (na súa segunda edición) vai dirixido en boa medida aos internautas máis novos, que son os que, en definitiva, máis expostos se poden ver aos xeitos erróneos ou perigosos de manexar as novas canles da información. A actividade, informa o Concello, contará cun exporto en delitos telemáticos que botará luz, perante os participantes, sobre os mellores métodos para identificar abusos na Rede, sobre os delitos máis frecuentes que se dan, sobre recursos para protexérmonos e sobre métodos axeitados para tirarlle o máximo partido ás redes sociais.
O encontro, que para mozas e mozos maiores de dezaseis anos, desenvolverase de xeito aberto, fomentándose a achega de preguntas, respostas e debate. A actividade comezará ás 19.00 horas deste venres e, como dixemos, desenvolverase en Súbete ó Castro, un centro xuvenil emprazado no Monte do Castro que leva xa un tempo funcionando como punto de encontro e espazo social dende o que se desenvolve un bo número de accións de lecer, tempo libre e formación, incluída a tecnolóxica-dixital.
O Monte do Castro de Vigo acolle este venres unha charla sobre seguridade en liña para a mocidade
Compartir Este Artigo
