
Asemade, o profesor avalía no seu traballo ata que punto inflúe a xestión de intanxibles (o valor do coñecemento que se crea e desenvolve) no medre a medio prazo das pequenas e medianas empresas innovadoras. O investigador conclúe que a clave do crecemento está na interactuación entre a vertente humana e estrutural das PEME, “o coñecemento que queda na empresa”. Segundo fai saber a Universidade de Vigo, unha das principais particularidades da tese, recoñecida co premio extraordinario da institución académica galega, é o estudo pormenorizado do tecido institucional de fomento da innovación que temos activo na actualidade, un eido de investigación con gran potencial pero que, sen embargo, ata o de agora non resultou determinante para o medre das nosas empresas innovadoras. Entre as eivas detectadas inclúese a seguinte: unhas canles habilitadas que non amosaban a mellor comunicación posible coa súa contorna. Para o autor da tese, un modelo a seguir sería a Universidade de Vigo, que leva anos tentando mellorar o devandito atranco comunicativo, apostando de xeito firme pola transferencia de información innovadora como fórmula de medre económico e social.
O profesor Miguel González Loureiro fai un chamamento por optimizar a transferencia de innovación
Compartir Este Artigo
