A Consellería de Economía e Industria, a través da súa entidade dependente BIC Galicia, vaise encargar de achegarlle formación de balde aos e ás emprendedoras que participen na vindeira edición de Vindeira Capital Network, un evento orientado á captación de investimentos no eido das TIC, que se presentou hoxe en Santiago e que terá lugar no mes de maio.
Trátase dunha iniciativa promovida por empresas galegas vinculadas ao sector tecnolóxico que se vén desenvolvendo dende hai un par de anos e que ten como obxectivo reunir a investidores, analistas e especialistas para “moldear o futuro do investimento neste sector en Galicia, a partir dunha estrutura de capital risco estable para este sector”.
En poucas palabras, trátase de atopar financiamento para proxectos TIC galegos en desenvolvemento que teñen boa proxección e contan con posibilidades de éxito, pero que non teñen o pulo económico necesario para saír adiante e consolidarse.
Na presentación do evento participou a directora xeral de BIC Galicia, Maite Cancelo, xunto con representantes do sector TIC, da Universidade de Santiago de Compostela e de Videira Capital Network, que consideran “imprescindible impulsar unha estratexia de innovación acertada para consolidar en Galicia unha industria TIC sostible”.
BIC Galicia formará aos emprendedores que participen en Vindeira Capital Network 2012
Compartir Este Artigo

