
O papel de Ineo, actuando como experto interno membro do Comité de Investimentos e da Comisión de Control do dito Fondo, consistirá en liñas xerais nunha achega de propostas de financiamento ou desinvestimento para a súa aprobación posterior de mans do órgano correspondente de XesGalicia, que é a sociedade xestora do Fondo. Amais disto, a asociación galega participará na supervisión e seguimento dos investimentos realizados.
En palabras de Jorge Cebreiros, presidente de Ineo, estamos ante unha nova confirmación da relevancia da entidade empresarial no impulso xeral da nosa economía. “Con esta participación”, di, “non só afianzamos a Ineo como referente empresarial do sector TIC, senón que tamén contribuímos ao desenvolvemento dunha ferramenta de financiamento excepcional para as empresas TIC con sede en Galicia”. E continúa: “O feito de que exista na nosa Comunidade un fondo de capital risco que faga prevalecer os investimentos en iniciativas empresariais de base tecnolóxica é unha oportunidade grande que non deben deixar fuxir as PEME que operan en sectores estratéxicos da nosa economía, incluído o sector TIC”.
Como dixemos, o Fondo en cuestión está impulsado pola Consellería de Economía, no marco do Plan de I+D (i2C) 2011-2015, sendo este acubillo orzamentario, en palabras da Xunta, unha iniciativa pioneira en Galicia, xa que “impulsará a creación e posta en marcha de proxectos empresariais de base tecnolóxica con forte compoñente I+D+i”. O fondo financiará iniciativas de innovación nas nosas pequenas e medianas empresas pertencentes aos denominados sectores estratéxicos, entre o que se conta o que nos toca máis de preto: o sector das novas tecnoloxías da información. Tamén se fará especial fincapé en eidos como o da biotecnoloxía, a nanotecnoloxía, a sanidade, a educación, a seguridade e as enerxías alternativas.
Ineo participará como experto externo na avaliación dos proxectos a financiar polo Fondo i2C
Compartir Este Artigo
