
Co Plan Sectorial búscase ordenar as infraestruturas existentes, formular a evolución previsible a medio e longo prazo e estimar as necesidades das mesmas. Tamén se analizarán as posibilidades de implantación de novas infraestruturas e instalacións para determinar os principais criterios de instalación.
Para alcanzar estes obxectivos o Plan ocuparase de: – Analizar todas as infraestruturas existentes xestionadas por Retegal e a situación urbanística na que se encontran cada unha delas e o papel que cumpren tanto dende un punto de vista loxístico como operativo e tecnolóxico dentro da rede pública. – Establecer as medidas que se consideren necesarias para a súa posible evolución e conservación – Cuantificar as necesidades de infraestruturas terrestres que, a curto e medio prazo, se detectan nas catro provincias que integran o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. – Localizar as áreas territoriais máis deficitarias destas infraestruturas. – Deseñar criterios obxectivos de localización para os distintos ámbitos de solo que haberán de ser reservados para a creación destas infraestruturas.
Retegal comeza a planificación das infraestruturas de telecomunicación galegas para os vindeiros anos
Compartir Este Artigo
